quarta-feira, 20 de abril de 2011

O apelido Troitiño

Estes días estamos fartos de escoitar o apelido Troitiño. E non por boas cousas...
Eu quero reinvindicar este apelido, animando a todas aquelas persoas que compartan este apelido a que se unan a este blog e a que poñan o seu comentario.
O Apelido provén da palabra troita e segundo algunha web, como www.misapellidos.com, ten unha orixe de linaxe: "Efectivamente é un apelido galego, estivo *emparentado *conla casa dos Durán de Limia,(o fidalgo Don Patricio *Troitño, casou con *Mª Magdalena Durán de Castro, s. *XVII). En Galicia danlles por armas:en *azur, un cabaleiro de prata cunha espada o a destra e unha lanza de sabre coa punta de prata na sinistra. Creo que algúns teñen outras armas pero descoñézoas ".
Segundo o INE somos 1884 troitiños repartidos pola xeografía española.


Provincia Apellido 1º Apellido 2º Ambos
Total % Total % Total %
ALBACETE - - 5 ,52 - -
ÁVILA 13 1,42 30 3,11 - -
BADAJOZ 12 1,31 8 ,83 - -
BALEARS (ILLES) 11 1,2 9 ,93 - -
BARCELONA 31 3,38 43 4,45 - -
BURGOS 15 1,63 13 1,35 - -
CÁDIZ 32 3,49 17 1,76 - -
CORUÑA (A) 60 6,54 74 7,66 - -
GIRONA 5 ,54 - - - -
GUIPÚZCOA 42 4,58 26 2,69 - -
LEÓN 13 1,42 15 1,55 - -
LUGO 28 3,05 30 3,11 - -
MADRID 98 10,68 117 12,11 - -
MÁLAGA 14 1,53 9 ,93 - -
NAVARRA 5 ,54 - - - -
OURENSE 32 3,49 34 3,52 - -
ASTURIAS 27 2,94 16 1,66 - -
PONTEVEDRA 441 48,04 465 48,14 13 100
SANTA CRUZ DE TENERIFE 6 ,65 5 ,52 - -
VALENCIA / VALÈNCIA 8 ,87 9 ,93 - -
VIZCAYA 6 ,65 8 ,83 - -
RESTO 19 2,07 33 3,42 0 0
TOTAL 918 100 966 100 13 100

E digo eu que haberá máis que terroristas con este apelido.
 http://www.apelidosgalicia.org/apellido.php?nregape=287&nape=Troiti%C3%B1o&pg=1&inicial=T&newlang=en

quinta-feira, 14 de abril de 2011

Dádelle de comer aos peixes

Probade a darlle de comer aos peixes que están no pé do blog.
Non costa nada, só hai que picar co rato.
Os pobres están famentos

Copy left



A Galipedia di:


Copyleft é como se coñece ao conxunto de licenzas que establecen termos legais que se aplican ás obras derivadas da obra baixo a licenza copyleft.
O copyleft utiliza as leis de dereito de autor para asegurar que as obras derivadas dunha obra cumpran certas condicións legais establecidas polo autor da obra orixinal. O resultado é que, en lugar de prohibir a copia como fan en principio as leis de dereito de autor, o copyleft establece os termos para que as copias e modificacións das obras intelectuais teñan lugar.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Copyleft

Pois iso: a copiar como malditos, pero polo menos mencionade de quen!!!

Troita

A troita é un peixe de forma alongada, pertencente á mesma familia do salmón (Salmonidae). Pode ter até cerca de 100 cm de lonxitude total e pesar até 18'8kg. O dorso ten cor que varía do verde ao castaño, sendo as laterais acinzentadas e a parte inferior abrancazada. Ten pintas escuras nas nadadeiras e no corpo.
É orixinaria do hemisferio norte: Estados Unidos e Canadá e foi, no entanto, introducida en todos os continentes. No Brasil, a súa introdución ocorreu principalmente nos ríos dos planaltos das rexións Sudeste e Sur. Unha característica que fai que a troita non estea máis deseminada é que precisa augas cristalinas, frescas, puras e ben oxixenadas para sobrevivir. Estas características encóntranse principalmente en ríos de montañas.
É unha especie carnívora, alimentándose de insectos e outros peixes.
En Galicia habita de forma natural en todos os ríos, preferindo os cursos altos e medios, xa que están máis osixenados. Debido á pesca abusiva, a contaminación, á extracción de áridos, á eliminación dos bosques das ribeiras dos ríos e á construción de encoros e minicentrais é unha especie en regresión.
Os truticultores opinan que a primeira necesidade para unha crianza eficiente de troitas é a achega abundante de auga de boa calidade, o que significa un fluxo en torno de 1000 m³/día, pH neutro ou lixeiramente alcalino, mais de 20 mg de oxíxeno por litro de agua, unha temperatura inferior a 15°C e a ausencia de cloro e nitratos na agua, entre outros contaminantes).

Artigo sacado da galipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/Troita